Celebración do I Certame Letras Galegas

Este xoves 13 de maio a Facultade de Filoloxía e Tradución tamén albergou un acto de conmemoración das Letras Galegas. A actividade, organizada conxuntamente pola Delegación do Alumnado e o Departamento de Filoloxía Galega e Latina, foi unha celebración da figura de Xela Arias e da poesía galega.

Na apertura interviu a profesora Alba Aguete e a alumna Alba Zels, presidenta da delegación, quen destacou a importancia de ” impulsar actividades culturais no entorno da nosa lingua e darlle visibilidade á celebración das escritoras mulleres da Galiza”.

A continuación o alumnado leu unha serie de textos da autora homenaxeada. O público tivo o pracer de escoitar tamén á propia Xela recitando un poema adicado a Rosalía, grazas o audio cedido pola Fundación Rosalía de Castro da obra colaborativa “Daquelas que cantan”.

De seguido deu comezo o slam (competición poética), na cal participaron media ducia de novas poetas. Aínda que para algunhas persoas era a primeira vez que recitaban en público, as súas composicións amosaron un futuro moi prometedor para a poesía galega.

O acto contou ademais coas intervencións de poetas convidadas, todas elas persoas ligadas á Facultade de Filoloxía e Tradución. Participaron Tamara Andrés, Anxo Angueira, Blanca Trigo, Gonzalo Navaza, Nuria Gil e Vanessa Glemsel.

Foi un acto emotivo que tivo a poesía como protagonista e que agardamos que sexa só o primeiro de outras moitos certames das letras galegas nesta facultade.

[Imaxes tomadas do DUVI]