3, 4, 5, 6 pasos para falar o galego de…


Dende a Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Ourense, os futuros mestres e mestras galegas de Educación Primaria preséntanvos os trazos dialectais que definen o seu galego!
 
Nos vindeiros días, iremos subindo vídeos, realizados polo alumnado de Educación Primaria de Ourense, onde se fala sobre as características principiais do galego de seu.
 
Reyes Rodríguez e Ana Iglesias foron as profesoras encargadas de levar a cabo esta actividade que resultou ser un éxito na aula. Esta iniciativa pretende reivindicar o valor das diferenzas dialectais que existen en todo o galego e que forman parte da riqueza da nosa lingua.
 
Animádevos a enviarnos os vosos vídeos (curtos ou longos, gravados en estudio ou con móbil) falándonos sobre as características do voso galego: fonéticas, morfolóxicas, léxicas, sintácticas. É dicir, queremos saber se tedes gheada e seseo ou non; se dicides collimos ou collemos, se no verán vedes voar ós escornabois, ás vacalouras ou ós cornetáns… Todo o que recibamos será publicado nas nosas RRSS.
 
E lembrade que o peor galego é o que non se fala!