O mércores 27 de novembro, ás 11h, na Aula 5, na planta baixa da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, no Campus de Pontevedra, terá lugar o encontro organizado polo Departamento de Filoloxía Galega e Latina coa multipremiada escritora Ledicia Costas. A escritora viguesa é acredora de dous premios Lazarillo en 2015 e 2017, Premio Merlín e Premio Nacional de LIX 2015 por Escarlatina, a cociñeira defunta. En maio deste ano publicou en Xerais a novela Infamia, tres veces reeditada e con recente tradución ao castelán en Destino.