O luns día 9 de xaneiro de 2023, o profesor do Departamento de Filoloxía Galega e Latina, Alexandre Rodríguez Guerra, ofreceu unha charla divulgativa no IES de Beade (Vigo) para alumnado primeiro de Bacharelato co título “Xogando a inventar palabras: os neoloxismos en galego”. Á charla asistiron, aproximadamente, 80 estudantes.
O Observatorio de Neoloxía da Lingua Galega da Universidade de Vigo dispón de primeira man de información sobre os neoloxismos da prensa en galego do s. XXI. Na charla aproveitáronse algúns deses datos, ofrecéronse exemplos e tentouse que os/as asistentes participasen no xogo de detección de novas unidades neolóxicas.