Ciclo de aulas abertas na Facultade de Filoloxía e Tradución e no Instituto Camões

O ciclo “Vozes de mulheres nas literaturas em língua galega e portuguesa“, comeza a vindeira semana e desenvolverase entre o 3 de novembro e o 1 de decembro ao longo de sete sesións. As xornadas están abertas ao público e combinan recitais, intervencións académicas e sesións divulgativas, sempre con espazo para o debate e o diálogo.

O ciclo contará coa presenza de destacadas autoras da poesía galega actual como Chus Pato e Luz Fandiño, así como de especialistas en xénero e a literatura galego-lusófona: a profesora Egídia Souto, da Université de la Sorbonne Nouvelle; Cândido de Oliveira Martins, da UCP-Braga; Ana Bela Almeida, da University of Liverpool; e Chus Nogueira, da Universidade de Santiago.

Os docentes Burghard Baltrusch e Antía Monteagudo son os encargados de coordinar o ciclo, organizado ao abeiro do proxecto de investigación POEPOLIT II, o Programa de Doutoramento Interuniversitario en Estudos Literarios e a I Cátedra Internacional José Saramago da Universidade de Vigo. Ademais, as actividades están vencelladas á materia Xénero e Literatura: Galiza e os países lusófonos que imparten no Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios.

No DUVI e na páxina web da I Cáteda Internacional José Saramago récollese máis información sobre a organización e o contido do ciclo. Ademais, as persoas organizadoras foron entrevistadas no xornal Nós Diario, onde destacan a importancia de que “o noso alumnado por un lado e o público en xeral polo outro poidan entrar en contacto con creadoras e con investigadoras de universidades de orixe e formación distintas, máis complementarias.”

A continuación pódese consultar programa completo:

  • Quarta-feira, 03/11/2021 | CCP-Vigo | 16h00-17h30

“Género e literatura africana lusófona: A resiliência feminina em A Confissão da Leoa de Mia Couto”, Egídia Souto (Université de la Sorbonne Nouvelle)

  • Sexta-feira, 05/11/2021 | FFT, Sala A8 | 11h00-13h00

“Seminário: A resiliência feminina em A Confissão da Leoa de Mia Couto”, Egídia Souto (Université de la Sorbonne Nouvelle)

  • Quarta-feira, 10/11/2021 | CCP-Vigo |16h00-17h30

“Caminhos de reescrita da memória na poesia de Ana Luísa Amaral”, Cândido de Oliveira Martins (Universidade Católica Portuguesa – Braga)

  • Sexta-feira, 12/11/2021 | FFT, Sala A8 | 11h00-13h00

“O corpo é que paga: país e género em A Gorda, de Isabela Figueiredo”, Ana Bela Almeida (University of Liverpool)

  • Quarta-feira, 17/11/2021 | CCP-Vigo 16h00-17h30

“Charla con Luz Fandiño: A poeta analfabeta“, Luz Fandiño (poeta)

  • Quarta-feira, 24/11/2021 | CCP-Vigo | 16h00-17h30

“Recital comentado: Sonora e a voz de muller”, Chus Pato (poeta)

  • Quarta-feira, 01/12/2021 | CCP-Vigo | 16h00-17h30

Unha sorte de anarquía. A vida e a obra de Xela Arias”, Chus Nogueira (Universidade de Santiago de Compostela)