Durante dous días, a Facultade de Filoloxía e Tradución acolleu o I Coloquio de Estudos Literarios en Vigo, organizado polo Programa de Doutoramento Interuniversitario en Estudos Literarios co obxectivo de ofrecer un foro ao alumnado matriculado para que desen a coñecer os avances das súas investigacións en curso. O coloquio clausurouse cunha conferencia impartida por Ria Lemaire, profesora titular de literatura portuguesa e brasileira da Universidade de Poitiers (Francia), co tem ““Repensar os estudos literários: comparatismo e pós-nacionalismos”. Neste caso, a recoñecida medievalista tratou o tema do comparatismo como unha nova estratexia de lectura crítica.