III Xornada de Neoloxía

Na mañá do xoves día 4 de abril terá lugar no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e Tradución (Campus de Vigo) a III Xornada de Neoloxía. Está organizada polo Observatorio de Neoloxía da Universidade de Vigo (Departamento de Filoloxía Galega e Latina) e conta coa colaboración da Área de Normalización Lingüística.
O programa é o seguinte:

9:45-10:00 “Presentación” Fernando Ramallo Fernández (Director da Área de Normalización Lingüística)

10:00-10:45 “A neoloxía en lingua galega: o Observatorio de Neoloxía da Universidade de Vigo” Xosé María Gómez Clemente

11:00-11:45 “Neoloxismos en lingua galega (2019)” Alexandre Rodríguez Guerra / Ana Fernández Berrocal

12:00-12:45 “Os observatorios de neoloxía e os proxectos colaborativos” Judit Freixa Aymerich (Universitat Pompeu Fabra)

13:00-14:00 Mesa redonda cos participantes: “A importancia do traballo en neoloxía nos procesos de normalización lingüística”

Se alguén estiver interesado/a en recibir un certificado de asistencia, pode contactar cos organizadores por medio do correo electrónico.
Xosé María Gómez Clemente (xgomez@uvigo.es)
Alexandre Rodríguez Guerra (xandre@uvigo.gal)