Importante: convocatoria das Listas de Agarda de substitución para profesorado contratado interino

Foi publicada a resolución reitoral pola que se convoca o concurso público para a elaboración de listas de substitución do persoal docente interino para o curso 2021-2022

O prazo de envío de solicitudes comeza o 25 de xuño e remata o 8 de xullo. Toda a información da convocatoria está dispoñíbel aquí.

As prazas ofertadas no Departamento de Filoloxía Galega e Latina son as seguintes:

Praza nº 5
Referencia:LA2101-H03-370-PI-TP-01
Corpo/Categoría:Profesor/a contratado/a interino/ a
Área de coñecemento:Filoloxías galega e portuguesa
Departamento:Filoloxía galega e latina
Titulación:Licenciado/Enxeñeiro/Arquitecto/Graduado
Baremo:B
Perfil/Docencia:O perfil correspóndese con materias da área (portugués)

Praza nº 6
Referencia:LA2101-H03-370-PI-TP-02
Corpo/Categoría:Profesor/a contratado/a interino/ a
Área de coñecemento:Filoloxías galega e portuguesa
Departamento:Filoloxía galega e latina
Titulación:Licenciado/Enxeñeiro/Arquitecto/Graduado
Baremo:B
Perfil/Docencia:O perfil correspóndese con materias da área (galego)