Na semana do 13 ao 17 de xullo do 2009 tivo lugar en Galicia, pola primeira vez na súa historia, o IX Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG).
As actividades realizadas na Universidade de Vigo contaron co apoio e coa participación do Departamento de Filoloxía Galega e Latina.
A meirande parte das conferencias, das mesas redondas e das comunicacións deste congreso foron filmadas pola UVigo TV e poden ser visualizadas na seguinte ligazón:
http://tv.uvigo.es/gl/serial/583.html
Destacamos aquí soamente as respectivas intervencións de membros do noso Departamento:
Inauguración do congreso por Burghard Baltrusch, Presidente da AIEG e coordinador da organización do IX Congreso.
Gabriel Pérez Durán: “Do adro ao teatro. A música tradicional galega dentro do espazo urbano”.
Anxo Angueira: “Rosalía 21”.
Benigno F. Salgado: Intervención na mesa redonda “Visibilizando o patrimonio galego: que é o que fai de Rinlo un lugar especial?”.