Estudos Iberorrománicos de Literatura e Tradutoloxía (iBroLiT) é unha colección creada polo grupo de investigación GAELT da Universidade de Vigo, dentro dos estándares da revisión por pares. O seu obxectivo principal é estimular a investigación no eido dos estudos literarios iberorrománicos, dos estudos de tradución e da intersección entre ambos, xunto con outras (sub)disciplinas. A súa concepción transdiciplinar tenta aproximarse e comprender as diferentes formas e manifestacións de fenómenos culturais iberorrománicos, con especial atención ao galego, á lusofonía e aos estudos de tradución. Presentan a colección Gabriel Pérez Durán, membro do grupo GAELT; Burghard Baltrusch, director do departamento de Filoloxía Galega e Latina e os membros de GAELT Teresa Bermúdez, Anxo Angueira e Manuel Forcadela.