Neste acto presentouse o novo Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios que comeza no curso 2014-2015. O novo grao oferta 50 prazas presenciais e 10 semipresenciais e a posibilidade de obter seis mencións diferentes, tales como Filoloxía Galega, Estudos Lusófonos ou Escritura creativa, o que o converte nun grao único. No acto interviñeron Salustiano Mato, reitor da universidade, a Decana da facultade Rosa Pérez e o Coordinador do grao Fernando Ramallo.