O venres pasado visitamos un ano máis o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Nesta ocasión, ademais, o alumnado de Lingua e literatura galegas participou nun obradoiro de escrita creativa, a cargo do escritor brasileiro Henrique Rodrigues (www.henriquerodrigues.net).
O alumnado de Infantil presentou tamén varias dramatizacións de contos para os máis pequenos, como Éranse dúas veces o patiño feo e Corre, corre, cabaciña. Coma sempre, foi unha experiencia interesante, na que o alumnado tivo a oportunidade de levar á práctica as súas destrezas orais e escritas nun contexto real.