3, 4, 5, 6 pasos para falar o galego de…

Dende o Departamento de Filoloxía Galega e Latina da UVigo queremos dar os parabéns ó alumnado do grao de Educación Primaria do Campus de Ourense por participar nesta actividade que tanto valor dá á nosa lingua. Os futuros mestres e mestras galegas presentaron os trazos do seu galego e reivindicaron o valor das diferenzas dialectais, que existen en todo o galego e que forman parte da riqueza do noso idioma.

Non podemos esquecer agradecer ás profesoras Reyes Rodríguez e Ana Iglesias, que puxeron en marcha esta iniciativa. Porén, a súa intención é que a actividade continúe con novos vídeos que podedes enviar VÓS!

Animádevos a enviarnos os vosos vídeos (curtos ou longos, gravados en estudio ou con móbil) falándonos sobre as características do voso galego: fonéticas, morfolóxicas, léxicas, sintácticas… É dicir, queremos saber se tedes gheada e seseo ou non; se dicides collimos ou collemos, se no verán vedes voar os escornabois, as vacalouras ou os cornetáns… Todo o que recibamos será publicado nas nosas RRSS.

E lembrade que o peor galego é o que non se fala!

A todos e todas, mil grazas.

3, 4, 5, 6 pasos para falar o galego de Chantada e Ourense

3, 4, 5, 6 pasos para falar o galego do bloque occidental: O Baixo Miño

3, 4, 5, 6 pasos para falar o galego de Ourense

3, 4, 5, 6 pasos para falar o galedo de Ourense, Carballiño e Boborás

3, 4, 5, 6 pasos para falar o galego de Forcarei, Boimorto e Vila de Cruces

3, 4, 5, 6 pasos para falar o galego do bloque occidental A Cañiza, Salvaterra De Miño e Moraña

3, 4, 5, 6 pasos para falar o galego de Verín, Taboada e Lalín

3, 4, 5, 6 pasos para falar o galego do Bloque Occidental

3, 4, 5, 6 pasos para falar o galego de Ourense