Con motivo da celebración do centenario de Manuel Murguía, a Fundación Rosalía de Castro presenta esta semana dous actos conmemorativos. Hoxe, na Casa de Rosalía o Concello de Oiartzun, de onde era natural Concha Murguía, faralle homenaxe ó autor de Froxel con poesía e música. Mañá, na Libraría Couceiro, presentarase o número 7 da Revista Follas Novas, monográfico centrado no noso autor.