Normas para publicar en CUMIEIRA (descarga aquí)
CUMIEIRA. Cadernos de investigación da nova Filoloxía Galega é unha publicación do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo que quere dar a coñecer traballos científicos de novos investigadores que versen sobre a lingua e a literatura galegas.
Os traballos que se presenten para publicar deben estar redactados preferentemente en galego, e os temas que aborden estarán relacionados coa Filoloxía Galega -entendida nun senso amplo- ou cos estudos lingüísticos e literarios doutras linguas -en especial os estudos lusófonos-, sempre que resulten de interese para o galego.
O envío dos traballos orixinais farase por correo electrónico ao enderezo xsalgado@uvigo.es e conterá un arquivo en versión Word e outro en versión PDF; en caso de haber imaxes, estas deberán vir situadas no lugar que lles corresponda no texto e tamén nun arquivo á parte e coa suficiente calidade para a súa impresión. Para as táboas, gráficas, fotografías, mapas etc., téñase en conta que a publicación é en branco e negro.
Unha vez recibidos os traballos orixinais, estes serán sometidos por unha comisióncientífica a un proceso de revisión que ditaminará se son aptos para publicar ou se precisan facer modificacións.
O contido final dos textos publicados será responsabilidade de cada autor.
Os textos orixinais que se presenten deben ter en conta as seguintes indicacións en canto a tamaños, formatos, citas, bibliografía e outras cuestións:
- O texto para publicar virá redactado en formato Word en letra Cambria redonda tamaño 11 e non debe superar as 10.000 palabras.
- Conterá un título en galego e a súa versión ao inglés; en liñaá parte figurará a súaautoría e a institucióná que pertence (se a houber); e noutra liña, un enderezo electrónico de contacto. Todo en letra Cambria 12 negra.
- Presentará tamén un «Resumo» redactado en galego dunhas 150 palabras, que describa os obxectivos e contidos do artigo, e tamén a correspondente versión en inglés dese «Abstract». Despois do resumo e o abstract incluiranse catro «Palabras chave» que identifiquen o contido. Todo en letra Cambria 10 redonda.
- O/a autor/a pode facer agradecementos nunha nota a pé de páxina, que se incluirá na palabra final do primeiro epígrafe.
- O corpo de texto expositivo será en letra Cambria 11, e a entreliña simple.
- O traballo artellarase en apartados, en non máis de tres niveis: o título do primeiro nivel en Cambria negra; o segundo nivel en Cambria negra-cursiva, e o terceiro nivel en cursiva; todo en tamaño de corpo 12:
1. Apartado
1.2. Subapartado
1.2.1. Subapartado
- Nas citas textuais a outros autores, de seren menos de tres liñas, incluiranse dentro do texto expositivo encerrados en aspas («»); se son máis de tres liñas,irá en texto aparte, en Cambria 10 redonda, cunha sangría de 3 cm pola esquerda.
- O texto das citas a pé de páxina debe ir en letra Cambria 10 redonda.
- O sistema interno de citas será o que emprega o apelido ou apelidos do autor/a, ano, dous puntos, espazo e páxinas, coma nestes exemplos: (Castro Veiga 2000: 23) ou Castro Veiga (2000: 23), segundo corresponda.
- No final do artigo incluiranse só as Referencias bibliográficas citadas ao longo do texto expositivo, cun sangrado á francesa, seguindo este procedemento:
Libro:
Álvarez, Rosario / Xosé Xove (2002): Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia.
Publicación en liña:
TILG = Santamarina, Antón (dir.) (1986): Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG). Santiago: Universidade. Dispoñible en: <http: //www.ti.usc.es/tilg/>. [Consulta do 12/06/2013]
Capítulo de libro:
Álvarez Blanco, Rosario (2000): «O redobro de A + FN en galego moderno»,en R. Vieira de Castro / P. Barbosa (orgs.), Actas do XV Encontro nacional da Associação Portuguesa de Linguística, vol. 1. Braga: Associação Portuguesa de Linguística, 75-93.
Fernández Salgado, Benigno / Henrique Monteagudo (1995): «Do galego literario ao galego común, o proceso de estandarización na épocacontemporánea», en H. Monteagudo (ed.), Estudios de sociolingüística galega sobre a norma do galego culto. Vigo: Galaxia, 99-176.
Varela Barreiro, X. (1997): «A existencia de dúasexpresiónsclíticas de segunda persoa singular en galego», en B. Fernández Salgado (ed.), Actas do IV Congreso Internacional de Estudios Galegos (Universidade de Oxford, 26-28 setembro 1994), vol. 1. Oxford / Sada: Centro de Estudios Galegos / Edicións do Castro, 319-342.
Artigo de revista:
Pita Rubido, MªLuísa (2006): «Algunhasconsideracións sobre os dativos non argumentais», Revista Galega de Filoloxía 7, 143-165.
Sánchez Ferraces, XoséLuís (2008): «Vicente Risco e a modernidade. Lectura e análise de tres relatos», Madrygal 11, 91-100.
- De ser aceptado o traballo para a súa publicación, o editor facilitaralle ó autor/a a folla de estilo da publicación para que poida reconverter o seu artigo ó formato da publicación CUMIEIRA.