E irei madr’a Vigo

O simposio internacional E irei madr’a Vigo é unha actividade académica organizada polo Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo, con motivo da estadía na nosa terra do Pergamiño Vindel como peza central da exposición do Museo do Mar “Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas”.

O simposio terá lugar os días 23 e 24 de novembro en Vigo, na Casa Cambón (Rúa da Palma, 4 -entrada pola rúa Oliva-) e nel participarán especialistas das tres universidades galegas, así como de universidades portuguesas, italianas, francesas, brasileiras e dos Estados Unidos.

Durante estes dous días haberá dúas conferencias plenarias e varias sesións de comunicacións científicas nas que se tratarán en profundidade algunhas das cuestións máis relevantes que se derivan da análise deste testemuño histórico: os trazos formais e temáticos da obra codaciana e o seu encadramento no xénero das cantigas de amigo e no marco máis xeral da lírica medieval europea; as dificultades que presenta a lectura e a interpretación da notación musical transmitida polo pergamiño; as circunstancias históricas e sociais en que se encadra a produción desta arte requintada, con atención especial ás cortes do sur de Galicia; o estudo codicolóxico sobre a propia entidade do pergamiño e a súa finalidade; a historia da tradición manuscrita das cantigas do xogral vigués; os notábeis problemas de edición que presenta o texto codaciano; o estudo grafolóxico e lingüístico, así como as vicisitudes sufridas polo pergamiño Vindel e a recepción no momento da súa descuberta a principios do século XX.

A entrada é libre ata completar a capacidade do auditorio e quen asista regularmente ao simposio recibirá un certificado acreditativo. Para o curso 2017/2018 a Universidade de Vigo autorizou con data 25 de outubro de 2017 a validación desta actividade por 0,6 créditos ECTS (18 horas). O código desta actividade académica é o AC00909. De igual xeito, co certificado que se entregue, o profesorado de centros sostidos con fondos públicos poderá solicitar a homologación como horas de formación do profesorado.

A comisión organizadora está composta por catro docentes do Departamento de Filoloxía Galega e Latina, membros da Facultade de Filoloxía e Tradución: Camiño Noia Campos –coordinadora–, Bieito Arias Freixedo e Xosé-Henrique Costas González –vogais– e Alexandre Rodríguez Guerra –secretario–. Quen teña interese en asistir ao simposio poderá contactar con ela a través do enderezo electrónico comision_vindel@uvigo.es.

O simposio está estruturado en catro grandes sesións, con intervencións todas plenarias. Son, en total, catorce, incluídas a conferencia inaugural e a de clausura. A súa distribución é a seguinte:

SESIÓN 1: Xoves, 23 de novembro

09.00 – 10.00 Recepción
10.00 – 10.30 Inauguración do simposio
10.30 – 11.15 Vicenç Beltran Pepió (Sapienza — Univ. di Roma)
Conferencia inaugural: Martin Codax y la poesía de su tiempo
11.15 – 12.00 Mariña Arbor Aldea (Univ. de Santiago de Compostela)
A historia do Pergamiño Vindel
12.00 – 12.30 Pausa
12.30 – 13.15 Manuel Pedro Ferreira (Univ. Nova de Lisboa)
Estudo musicolóxico do Pergamiño Vindel
13.15 – 14.00 António Resende de Oliveira (Univ. de Coimbra)
À volta da tradição manuscrita das cantigas de Martim Codax

SESIÓN 2: Xoves, 23 de novembro

16.15 – 17.00 Yara Frateschi Vieira (Univ. Estadual de Campinas)
Estudo literario das cantigas de Martin Codax
17.00 – 17.45 Ria Lemaire (Univ. de Poitiers)
As personaxes femininas nas cantigas de amigo
17.45 – 18.15 Pausa
18.15 – 19.00 J. António Souto Cabo (Univ. de Santiago de Compostela)
As terras meridionais da Galiza e o desenvolvimento do trovadorismo galego-português
19.00 – 20.15 Debate

SESIÓN 3: Venres, 24 de novembro

09.00 – 10.00 Recepción
10.00 – 10.45 Xavier Varela Barreiro (ILG / Univ. de Santiago de Compostela)
Estudo grafolóxico do Pergamiño Vindel
10.45 – 11.30 Alexandre Rodríguez Guerra (Univ. de Vigo)
A lingua de Martin Codax: a sintaxe oracional
11.30 – 12.00 Pausa
12.00 – 12.45 Manuel Ferreiro (Univ. da Coruña)
A lingua de Martin Codax, entre a tradición e o xénero
12.45 – 13.30 Antonio Ciaralli / Mariña Arbor (Univ. di Perugia / USC)
Estudo codicolóxico do Pergamiño Vindel
13.30 – 14.00 Debate

SESIÓN 4: Venres, 24 de novembro

16.00 – 16.45 Rip Cohen (Johns Hopkins Univ.)
Estudo métrico da poesia de Martin Codax
16.45 – 17.30 X. Bieito Arias Freixedo (Univ. de Vigo)
A edición das cantigas de Martin Codax
17.30 – 18.00 Pausa
18.00 – 19.00 Xesús Alonso Montero (Real Academia Galega)
Conferencia de clausura: Historia da recepción en Galicia do Pergamiño Vindel
19.00 – 20.00 Clausura do simposio

Programa completo

logoUvi LogoDeputacion