Ensaios radioactivos – Encontro co poeta brasileiro Márcio-André

 

Márcio

Márcio-André é un poeta e compositor brasileiro nado en Río de Janeiro en 1978. É autor de libros de poesía e de ensaio, así como editor de revistas e tradutor de textos. É un artista experimental, que tamén cultivou a área do vídeo e da arte de acción, o que o levou a realizar performances en diferentes cidades do mundo.
Neste caso, Márcio-André falou na Facultade de Filoloxía e Tradución sobre o seu libro de 2008 Ensaios Radioactivos, o cal reúne diferentes crónicas e entrevistas, así como a narrativa do recital poético que realizou en Chernobyl. Pódese mercar ou descargar o libro aquí. Presentou o acto o profesor Burghard Baltrusch.