Gradueime en galego pola Uvigo. E agora que?

Xeira informativa sobre as saídas dos estudo de galego

O vindeiro xoves 4 de febreiro organizamos unha xeira informativa destinada a que o noso alumnado coñeza as posibles saídas dos estudos en galego na Universidade de Vigo. O acto terá lugar a través do Campus Remoto no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e Tradución e dará comezo ás 11.00 h.

Membros do profesorado e ex-alumnado da nosa facultade achegaránnos coas súas intervencións o seu coñecemento e experiencia. O obxectivo é resolver todas as dúbidas e inquedanzas do noso alumnado ao respecto do seu futuro laboral e afondar nas diferentes saídas que teñen os estudos de galego hoxe en día.

O programa da xornada é o seguinte:

11h00       Presentación a cargo do director do departamento de Filoloxía Galega e Latina

                  Alexandre Rodríguez Guerra

11h05       Os mestrados da Universidade de Vigo

(11h 05) MILA

                  Alexandre Rodríguez Guerra

(11h 15) Mestrado de Secundaria e experiencia como docentes substitutos

                  Ana Fernández Berrocal e Alejandro Solla Alonso

11h25       O proceso das oposicións

                  Andrea Castelo Veiga

11h35       Facer a tese e investigar na universidade

                  Antía Monteagudo Alonso (coordinadora da actividade)

11h45       A investigación noutros centros de Galicia

                  Alba Aguete

11h55       O traballo nunha Área de Normalización Lingüística

                  Xurxo Martínez

12h05       O mundo cultural galego explicado por unha creadora e editora

                  Vanesa Ferreira

12h15       Quenda de preguntas e cuestións varias