Manuel Forcadela: homenaxe ó poeta Don Ricardo

O profesor do Departamento de Filoloxía Galega e Latina Manuel Santiago Fernández Álvarez, Manuel Forcadela, homenaxea a Ricardo Carvalho Calero a través dunha videomontaxe de case tres minutos de duración. Nela, coa guía mestra de Manuel Forcadela -voz e texto orixinal-, unha serie de imaxes do poeta Don Ricardo cobran vida “e a palabra flúe como unha brisa que viñese acariñarnos desde o fondo das idades”.

Pódese ver o vídeo aquí.

Vídeo de Manuel Forcadela: O poeta Don Ricardo