Presentación do libro Catalogue of Galician Folktales, de Camiño Noia Campos

O evento titulado “Os contos galegos alternan cos do mundo. Presentación do libro Catalogue of Galician Folktales de Camiño Noia Campos” terá lugar o vindeiro xoves 21 de outubro no Salón de Graos (sala B3) da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, en horario de 11.00h a 13.00h.

Na actividade, organizada polo grupo de investigación BiFeGa e a I Cátedra Internacional José Saramago, intervirán:

  • Camiño Noia Campos, autora. Profesora da Universidade de Vigo
  • Paulo Correia, profesor da Universidade de Algarve.
  • Xosé María Gómez Clemente, profesor da Universidade de Vigo (TALG)
  • Burghard Baltrusch, profesor da Universidade de Vigo (CJS/BiFeGa).

A profesora emérita Camiño Noia Campos é tamén Vicepresidenta do Comité Executivo da Cátedra Internacional José Saramago da Universidade de Vigo e compoñente do grupo de investigación BiFeGa (UVigo). Acaba de publicar esta obra como parte da serie de monográficos Folklore Fellows’ Communications, editada pola rede internacional de folcloristas Folklore Fellows.

O volume Catalogue of Galician Folktales configúrase como unha obra fundamental para o estudo dos contos de tradición oral na Galiza e nas áreas de lingua galega nas Astúrias, León, Zamora e Cáceres. A introdución do libro, así como o índice completo, pódese consultar no sito web de Folklore Fellows.

Portada do libro

Fonte: Folklore Fellows