Presentación do libro “Das copras de Sarmiento ós cantares de Rosalía”

PresentaciónAAngueira

O 24 de abril presentouse na libraría Andel o novo libro de Anxo Angueira, publicado na colección iBroLit da editora Frank&Times e que leva por título Das copras de Sarmiento ós cantares de Rosalía de Castro. Cara unha nova periodización do Rexurdimento. O acto contou coa presenza de Burghard Baltrusch, director da colleción e do Departamento de Filoloxía Galega e Latina, e tamén do autor Xosé Luís Méndez Ferrín.