Na Facultade de Filoloxía e Tradución tivo lugar a presentación do proxecto “Rosalía é mundial” ideado polo profesor titular da universidade Xosé Henrique Costas e impulsado pola Universidade de Vigo e a Fundación Rosalía de Castro.
O obxectivo era traducir ao maior número de linguas posibles dous dos poemas máis coñecidos de Rosalía de Castro: Airiños, airiños, aires e Adiós ríos, adiós fontes e difundilo a través do espazo web Rosalía é mundial.
Ao abeiro das celebracións dos 150 anos da publicación de Cantares Gallegos e dentro da presentación do proxecto “Rosalía é Mundial”, celebrouse tamén a mesa redonda Palabra, música e poesía, que contou coa participación das poetas Elvira Riveiro e Iolanda Castaño e o cantautor O Leo e Arremecághona.
A presentación realizouna o noso colega e presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira.