Última conferencia de ‘Os xoves do Vindel’

O xoves 1 de marzo ás 19:45 conclúe o ciclo de conferencias «Os xoves do Vindel» no auditorio do Edificio Cambón de Vigo (entrada pola rúa Oliva). A catedrática de Filoloxía Románica da Univ. de Santiago de Compostela, Pilar Lorenzo Gradín, pronunciará unha conferencia sobre as cantigas de amigo inseridas na tradición da lírica medieval europea.
A profesora Lorenzo Gradín, discípula de Giuseppe Tavani e Michel Zink, desenvolve a súa investigación ó redor de tres liñas principais de traballo: a literatura románica medieval, a crítica textual e a métrica. Alén de editora dalgúns dos nosos trobadores medievais, é unha das máximas especialistas tanto da ‘canción de muller’ nas tradicións literarias medievais, coma das cantigas de amigo da nosa lírica profana medieval.

logoUvi LogoDeputacion