Vento Lois: homenaxe a Lois Pereiro

 

O Grupo de Análise e Estudo da Literatura e da Tradutoloxía, GAELT e o Departamento de Filoloxía Galega e Latina organizaron este acto no marco dunha homenaxe a Lois Pereiro, onde tamén se presentou o monográfico Que lle podo ofrecer a quen me intente? (GAELT). O acto contou coa intervencións dos profesores da Facultade de Filoloxía e Tradución Anxo Angueira, Manuel Forcadela, Teresa Bermúdez Monte e Xosé Henríquez Costas González; e cun recital de poesía nos que participaron os profesores Burghard Baltrusch, Joan Miquel Vergés, Liliana Valado, así como de varios alumnos da facultade (Rafa Balado, Silvia Penas, Alfredo Villalba, Juan Alfaya Herbello, Pablo Lourido, Gabriel Pérez Durán e Lorena Cambón). Ademais, houbo unha actuacion musical realizada por O Leo i Arremecaghoná.

Pódese ver o acto completo aquí.