En colaboración coa ATG, o Departamento de Filoloxía Galega e Latina edita a revista Viceversa, dedicada a recoller traballos sobre a tradución en Galicia. Comezou a publicarse no ano 1995 coa intención de encher un baleiro que existía nas nosas revistas científicas. Había pouco que se puxera en funcionamento a licenciatura de Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo e a consolidación destes estudos era un feito evidente que demandaba unha publicación na que se puidese recoller, basicamente, a produción científica dos profesores dedicados ó ensino da tradución, a reflexión dos propios tradutores sobre o seu labor e unha serie de traballos que puidesen servir de axuda práctica ós estudantes de Tradución e Filoloxía Galega.
Ligazón:
http://webatg.webs.uvigo.es/viceversa/viceversa.htm