Praza de lector/a de lingua portuguesa para o curso 2019-2020
Dende o Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo anunciamos a convocatoria dunha praza de lector de lingua portuguesa a tempo completo (36 créditos) para o curso 2019-2020. A docencia darase na Facultade de Filoloxía e Tradución de Vigo. A título informativo, inclúese un ficheiro pdf coas táboas salariais do profesorado lector no ano 2019.
Así mesmo, lémbrase que, asociado ó noso dpto. na Universidade de Vigo, contamos coa Cátedra José Saramago que ofrece a posibilidade de colaborar en actividades de divulgación de literatura e culturas lusófonas.
Quen estiver interesado/a deberá enviar un CV completo en formato electrónico (preferentemente pdf) ó enderezo udhumanidades@uvigo.es antes das 14.00h do xoves 30 de maio.
Calquera dúbida poderase consultar nese mesmo enderezo electrónico (udhumanidades@uvigo.es).