Inicio do ciclo de conferencias Os xoves do Vindel

O xoves 19 de outubro ás 19.30 h inaugurouse no auditorio da Casa Cambón de Vigo (Rúa da Palma, 4 -entrada pola rúa Oliva-) o ciclo de conferencias Os xoves do Vindel, organizado polo Departameto de Filoloxía Galega e Latina con motivo da estadía do pergamiño Vindel en Vigo. A primeira conferencia, titulada “Aproximación á configuración urbana de Vigo na época do Pergamiño Vindel”, será impartida polo historiador profesor da UNED Anselmo López Carreira, que nos achegará ao Vigo medieval, o da época dos trobadores e xograis, para que poidamos facernos unha idea do contexto histórico en que Martin Codax compuxo a serie de cantigas en que Vigo e o seu mar teñen un destacado protagonismo.

Nesta mesma páxina web, na ligazón http://webh03.webs.uvigo.es/o-pergamino-vindel/ pódese encontrar, entre outras informacións, o programa completo deste ciclo de conferencias e tamén o do simposio E irei madr’a Vigo que se celebrará os días 23 e 24 de novembro.

A asistencia é gratuíta ata completar a capacidade do auditorio. Estamos a tramitar na Universidade de Vigo a validación de todo o ciclo de conferencias por 0,4 cr. ECTS e a do simposio por 0’6 cr. ECTS.

Quen se quixer inscribir, ou solicitar máis información, pode contactar coa comisión organizadora a través do enderezo: comision_vindel@uvigo.es