Discurso de Anxo Angueira, padriño da promoción 2012

Anxo Angueira deu o seu discurso como padriño da promoción de 2012 no acto de graduación. O escritor e profesor de literatura galega quixo destacar o papel fundamental da universidade como acceso ao mundo do coñecemento e da cultura, pero tamén o papel da vida como “constante escola de aprendizaxe”. Para Anxo Angueira, a sabiduría non está só nos profesores, senón tamén nos elementos do día a día. Polo tanto, como lección maxistral, deulle dous consellos ao seu alumnado: poñerse no lugar do outro e resistir para evitar a alienación. Como modelo a seguir propuxo a figura de Rosalía de Castro quen, sen ir á universidade, chegou a ser un piar fundamental da literatura galega.