Ondjaki é un escritor e poeta nacido na cidade de Luanda. Tamén escribiu cine e co-realizou un documental sobre a cidade de Luanda (“Oxalá cresçam pitangas – histórias de Luanda”, 2006). É unha das novas voces angolanas máis divulgadas e traducidas do momento. Algúns dos seus libros foron traducidos a idiomas como o francés, o español, o italiano, o alemán, o inglés, o sueco, o serbio ou o polaco. Recibiu en 2007 o Grande Prémio de Conto Camilo Castelo Branco polo seu libro Os da Minha Rua e, en 2008, o premio Grinzane para o mellor escritor africano do ano. En 2010 foille outorgado o prestixioso premio brasileiro Jabuti polas novelas Avódezanove e o segredo so soviético. Nesta conferencia, o autor fala da situación actual da literatura e cultura angolanas, así como da súa propia obra.
A presentación do acto realizouno a profesora de portugués Mônica A. Heloane Carvalho de Sant’Anna.