
A Universidade de Vigo é a única universidade no ámbito estatal que ofrece unha mención de Estudos Lusófonos (dentro do Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios).
A mención Estudos Lusófonos obterase, tras completar os dous primeiros cursos comúns, combinando o
Módulo de Estudos Lusófonos
- Lingua portuguesa III (6 ECTS)
- Lingua portuguesa IV (6 ECTS)
- Estudos lusófonos 1 (Literatura, historia e cultura, 1ª parte; 6 ECTS)
- Estudos lusófonos 2 (Cultura, lingüística e tradución 1ª parte; 6 ECTS)
- Estudos lusófonos 3 (Literatura, historia e cultura 2ª parte; 6 ECTS)
- Estudos lusófonos 4 (Cultura, lingüística e tradución 2ª parte; 6 ECTS)
- Seminario de literaturas e culturas lusófonas (9 ECTS)
cun dos seguintes módulos: Lingua Galega, Literatura Galega, Lingua Española ou Literatura Española.
A maiores, podes elixir no terceiro e cuarto ano 4 materias optativas (24 ECTS) entre todas as materias dos módulos restantes que se ofertan durante estes cursos.
O Traballo de fin de grao (6 ECTS) é unha materia obrigatoria do cuarto curso.
2 thoughts on “Mención ESTUDOS LUSÓFONOS”
Comments are closed.