Comeza o novo Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios

No curso 2014-2015 implantouse o novo Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios que substitúe o Grao en Estudos de Galego e Español. A presentación oficial pola Decana da FFT e o Reitor da UVigo pódese ver aquí.

Descarga aquí un folleto informativo abreviado sobre o novo grao.

ImaxeO titulo responde á seguinte organización xeral de créditos ETCS:

  • A formación básica ten 60 créditos (impartidos en 1º curso).
  • A formación obrigatoria outros ten 60 (impartidos en 2° curso) e
  • a formación optativa ten 114 ECTS.

Débese entender que 90 destes 114 créditos corresponden aos 2 módulos (45 créditos + 45 créditos) que obrigatoriamente debe cursar o alumnado nos cursos terceiro e cuarto, tanto quen desexe obter unha das seis mencións ofrecidas neste título coma quen non queira seguir os itinerarios propostos para obter as devanditas mencións.

Os 24 créditos restantes corresponden a optativas libres que o alumnado deberá escoller nos módulos que non seleccionase.
O Traballo de Fin de Grao ten unha carga de 6 créditos.

No primeiro ano cursarás o Módulo A: Formación básica (60 ECTS).

1º cuadrimestre:

  1. Fundamentos gramaticais do galego e do español 1 (6 ECTS)
  2. Lingua portuguesa 1 (6 ECTS)
  3. Introdución á lingüística aplicada (6 ECTS)
  4. Introdución ás ciencias humanas e sociais (6 ECTS)
  5. Introdución aos estudos literarios (6 ECTS)

2º cuadrimestre:

  1. Fundamentos gramaticais do galego e do español 2 (6 ECTS)
  2. Historia das culturas ibéricas (6 ECTS)
  3. Teoría da literatura (6 ECTS)
  4. Lingüística xeral (6 ECTS)
  5. Crítica literaria (6 ECTS)

No segundo ano cursarase o Módulo B: Formación obrigatoria (60 ECTS).

1º cuadrimestre:

  1. Lingua e comunicación oral e escrita: galego (9 ECTS)
  2. Lingua e comunicación oral e escrita: español (9 ECTS)
  3. Lingua portuguesa 2 (6 ECTS)
  4. Obras principais das literaturas galega e lusófona (6 ECTS)

2º cuadrimestre:

  1. Sociolingüística (6 ECTS)
  2. Retórica e poética (6 ECTS)
  3. Latín e literatura grecolatina (6 ECTS)
  4. Literatura comparada (6 ECTS)
  5. Literatura en lingua española (6 ECTS)

No terceiro e cuarto ano combinarás módulos para obter unha mención ao título ou seleccionas 90 ECTS de forma libre entre os módulos ofertados se non desexas mención.

Mención Módulos que se combinan para obtela
Mención 1: Filoloxía galega Lingua galega + Literatura galega
Mención 2: Filoloxía hispánica Lingua española + Literatura española
Mención 3: Lingüística aplicada Tecnoloxías da linguaxe + Ensino de linguas ouTecnoloxías da linguaxe + Lingua galega ouTecnoloxías da linguaxe + Lingua española ouEnsino de linguas + Lingua galega ou

Ensino de linguas + Lingua española ou

Ensino de linguas + Estudos lusófonos

Mención 4: Estudos culturais Estudos culturais + Literatura galega ouEstudos culturais + Literatura española ouEstudos culturais + Estudos lusófonos
Mención 5: Escrita creativa Escrita creativa + Literatura galega ouEscrita creativa + Literatura española ouEscrita creativa + Estudos lusófonos
Mención 6: Estudos lusófonos Estudos lusófonos + Lingua galega ouEstudos lusófonos + Lingua española ouEstudos lusófonos + Literatura galega ouEstudos lusófonos + Literatura española

A maiores, podes elixir no terceiro e cuarto ano 4 materias optativas (24 ECTS) entre todas as materias dos módulos restantes que se ofertan durante estes cursos.

O Traballo de fin de grao é unha materia obrigatoria do cuarto curso.

4 thoughts on “Comeza o novo Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios

Comments are closed.