Cumieira. Cadernos de investigación da nova Filoloxía Galega

Cumieira. Cadernos de investigación da nova Filoloxía Galega é unha publicación de carácter anual, editada polo Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo, que ten por obxectivo dar a coñecer traballos dos novos investigadores no ámbito da Filoloxía Galega.

O seu editor é Xosé Antonio Fernández Salgado (xsalgado@uvigo.es)

Cumieira. Cadernos de investigación da nova Filoloxía Galega aparece recollida na base de datos DIALNET, no Catalogo Italiano dei Periodici ACNP (Università di Bologna) e en Linguistic Bibliography e Brillonline de BRILL.