Mención ESTUDOS LUSÓFONOS

A Universidade de Vigo é a única universidade no ámbito estatal que ofrece unha mención de Estudos Lusófonos (dentro do Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios).

lUSOFONIA3A mención Estudos Lusófonos obterase, tras completar os dous primeiros cursos comúns, combinando o

Módulo de Estudos Lusófonos

  1. Lingua portuguesa III (6 ECTS)
  2. Lingua portuguesa IV (6 ECTS)
  3. Estudos lusófonos 1 (Literatura, historia e cultura, 1ª parte; 6 ECTS)
  4. Estudos lusófonos 2 (Cultura, lingüística e tradución 1ª parte; 6 ECTS)
  5. Estudos lusófonos 3 (Literatura, historia e cultura 2ª parte; 6 ECTS)
  6. Estudos lusófonos 4 (Cultura, lingüística e tradución 2ª parte; 6 ECTS)
  7. Seminario de literaturas e culturas lusófonas (9 ECTS)

cun dos seguintes módulos: Lingua Galega, Literatura Galega, Lingua Española ou Literatura Española.

A maiores, podes elixir no terceiro e cuarto ano 4 materias optativas (24 ECTS) entre todas as materias dos módulos restantes que se ofertan durante estes cursos.

O Traballo de fin de grao (6 ECTS) é unha materia obrigatoria do cuarto curso.

Compartir: Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Share on LinkedInEmail this to someone

2 thoughts on “Mención ESTUDOS LUSÓFONOS

Comments are closed.