Mención FILOLOXÍA GALEGA

TRIPTICO Mención Filoloxía Galega1

A Universidade de Vigo é a única universidade que continúa a outorgar nunha das súas titulacións a mención de Filoloxía Galega.

O Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios ofréceche esta especialización en Filoloxía Galega impartida polo profesorado do Departamento de Filoloxía Galega e Latina.

ESTRUTURA DOS ESTUDOS EN CIENCIAS DA LINGUAXE E ESTUDOS LITERARIOS CON MENCIÓN EN FILOLOXÍA GALEGA

A mención Filoloxía Galega consiste en dous módulos que cursarás no terceiro e cuarto ano da carreira (véxase máis abaixo). Antes, recibirás durante dous anos unha formación básica e obrigatoria.

No primeiro ano cursarás o Módulo A: Formación básica (60 ECTS), que se compón no 1º cuadrimestre das seguintes materias:

  1. Fundamentos gramaticais do galego e do español 1 (6 ECTS)
  2. Lingua portuguesa 1 (6 ECTS)
  3. Introdución á lingüística aplicada (6 ECTS)
  4. Introdución ás ciencias humanas e sociais (6 ECTS)
  5. Introdución aos estudos literarios (6 ECTS)

No 2º cuadrimestre cursaranse:

  1. Fundamentos gramaticais do galego e do español 2 (6 ECTS)
  2. Historia das culturas ibéricas (6 ECTS)
  3. Teoría da literatura (6 ECTS)
  4. Lingüística xeral (6 ECTS)
  5. Crítica literaria (6 ECTS)

No segundo ano completaranse os estudos co Módulo B: Formación obligatoria (60 ECTS) coas seguintes materias no 1º cuadrimestre:

  1. Lingua e comunicación oral e escrita: galego (9 ECTS)
  2. Lingua e comunicación oral e escrita: español (9 ECTS)
  3. Lingua portuguesa 2 (6 ECTS)
  4. Obras principais das literaturas galega e lusófona (6 ECTS)

No 2º cuadrimestre cursaranse:

  1. Sociolingüística (6 ECTS)
  2. Retórica e poética (6 ECTS)
  3. Latín e literatura grecolatina (6 ECTS)
  4. Literatura comparada (6 ECTS)
  5. Literatura en lingua española (6 ECTS)

No terceiro e cuarto ano comezarás coas materias específicas de Filoloxía Galega (90 ECTS), divididas en dous módulos:

Módulo de Lingua Galega

  1. Morfoloxía da língua galega (6 ECTS)
  2. Fonética e fonoloxía da língua galega (6 ECTS)
  3. Sintaxe da lingua galega 1 (6 ECTS)
  4. Lexicoloxía e fraseoloxía da lingua galega (6 ECTS)
  5. Sintaxe da lingua galega 2 (6 ECTS)
  6. Historia interna da lingua galega (6 ECTS)
  7. Variación e historia externa da lingua galega (9 ECTS)

Módulo de Literatura Galega

  1. Literatura medieval galego-portuguesa (6 ECTS)
  2. Literatura dos Séculos Escuros e do séc. XIX (6 ECTS)
  3. Análise das obras centrais do período Nós (6 ECTS)
  4. Análise das obras centrais da literatura galega durante o franquismo (6 ECTS)
  5. Análise das obras centrais da literatura galega desde 1975 – 1 (6 ECTS)
  6. Xénero e literatura: Galicia e os países lusófonos (6 ECTS)
  7. Análise das obras centrais da literatura galega desde 1975 – 2 (9 ECTS)

A maiores, podes elixir no terceiro e cuarto ano 4 materias optativas (24 ECTS) entre unha ampla oferta de 49.

Algúns exemplos recomendábeis para unha formación adicional a través da escolla de 4 materias optativas serían os seguintes:

Do Módulo Escrita Creativa (impartida polos escritores Anxo Angueira, Manuel Forcadela e Gonzalo Navaza):

  1. Prácticas textuais: Narración (6 ECTS)
  2. Prácticas textuais: Poesía (6 ECTS)
  3. Prácticas textuais: Escrita dramática (6 ECTS)
  4. Prácticas textuais: Ensaio (6 ECTS)

Ou do Módulo Estudos Lusófonos:

  1. Lingua Portuguesa 3 (6 ECTS)
  2. Lingua Portuguesa 4 (6 ECTS)
  3. Estudos Lusófonos 1 [Literatura e cultura] (6 ECTS)
  4. Estudos Lusófonos 2 [Literatura, cultura e sociolingüística] (6 ECTS)

Ou do Módulo Ensino de Linguas:

  1. Políticas lingüísticas e ensino de linguas (6 ECTS)
  2. Variación lingüística e ensino de linguas (6 ECTS)
  3. Tecnoloxías no ensino-aprendizaxe de linguas (6 ECTS)
  4. Bilingüismo e educación bilingüe (6 ECTS)

Ou do Módulo Estudos Culturais:

  1. Transferencia cultural e tradición clásica (6 ECTS)
  2. Literatura, imaxe e tecnoloxías (6 ECTS)
  3. Literatura e cultura popular (6 ECTS)
  4. Estudos transatlánticos (9 ECTS)

Tamén podes combinar libremente 4 materias entre todas as materias dos módulos restantes que se ofertan no 3º e 4º cursos.

No cuarto ano aínda realizarás un Traballo Fin de Grao que equivale a 6 ECTS.

SEMIPRESENCIALIDADE

De non poderes seguir as aulas presencialmente, tes a opción de matricularte en réxime de semipresencialidade, cun ensino a distancia por medio de métodos modernos de teledocencia (máx. 10 prazas). Só terás que asistir a unha sesión de presentación da materia, a un número reducido de titorías e aos respectivos exames. O resto do tempo traballarás de forma individual, orientado polo profesorado e apoiado por  material audiovisual e unha plataforma de teledocencia, entre outras ferramentas.

SAÍDAS LABORAIS E SATISFACCIÓN

Tanto a mención de Filoloxía Galega como o grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios son únicos no sistema universitario galego e estatal e ofrécenche unha preparación actualizada e innovadora para diversas saídas profesionais.

Ao longo da próxima década vanse producir máis de 400 xubilacións no ensino secundario. Esta renovación suporá unha das saídas profesionais máis seguras para a mención Filoloxía Galega do noso grao.

Esta mención tamén che ofrece unha sólida formación para ámbitos como as industrias culturais ou editoriais, os medios de comunicación, a administración pública, os servizos de normalización, o sector da tradución, entre outros.

Para completar a formación e gañar experiencia profesional existen aínda outras posibilidades, como por exemplo os 29 lectorados de galego en universidades de todo o mundo.

Ademais, a ACSUG verificou que os estudos galegos gozan do maior índice de inserción laboral nas Humanidades (74% en relación ao 53% doutras filoloxías) e tamén de satisfacción laboral (94% en relación ao 71% doutras filoloxías).

Compartir: Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Share on LinkedInEmail this to someone

2 thoughts on “Mención FILOLOXÍA GALEGA

Comments are closed.