Memoria, historia, democracia e Europa

Dentro da Cátedra Jean Monnet, que promove a contrucción dus espazo común europeo e a integración económica e política en Europa, produciuse na Facultade de Filoloxía e Tradución unha conferencia sobre “Memoria, historia, democracia e Europa” impartida por Fernando Rosas. Fernando Rosas é un catedrático de Historia Contemporánea da Universidade Nova de Lisboa e tamén un diputado na Asamblea da República polo Bloco de Esquerdas. Durante o relatorio, o catedrático portugués defendeu a Lei de Memoria histórica como un paso para a maduración da democracia española, xa que a memoria é importante para evitar a barbarie e o escurantismo. Tras comparar a situación de España coa de Portugal, Fernando Rosas considera que toda esta situación se puido evitar en Portugal grazas á Revolución.