Do 14 ao 19 de outubro realizouse a segunda edición do obradoiro internacional de tradución poética, “Con barqueira e remador” na illa de San Simón. En colaboración cos grupos de investigación BITRAGA e GAELT, da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, tivo lugar o xoves 17 outubro, ás 19:30 horas unha mesa redonda co título“CERCANDO AS ONDAS. Tradución poética en mans de poetas”, na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, Vigo).
Poetas que participaron:
Gökçenur Ç (Turquía), Kätlin Kaldmaa (Estonia), Xuan Bello (Asturias), Samira Negrouche (Alxeria), Lawrence Schimel (EE.UU.), Anna T. Szabó (Hungría) e Isaac Xubín (Galicia).