Presentación de Cumieira Vol. 4 (2019)

O salón de graos da Facultade de Filoloxía e Tradución acolle a presentación do nº 4 de Cumieira. Cadernos de investigación da nova Filoloxía Galega (2019), unha publicación de carácter anual, editada polo Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo, que ten por obxectivo dar a coñecer traballos dos novos investigadores e investigadoras no ámbito da Filoloxía Galega.

A presentación contará coa participación dos profesores Alexandre Rodríguez Guerra, director do Departamento de Filoloxía Galega e Latina, e Xosé A. Fernández Salgado, editor da revista, así como de varios autores e autoras dos artigos publicados neste número.

[Tomado de UVIGO.GAL]

 

Pódese consultar o novo número AQUÍ

Xoves 14 de novembro ás 13h. no Salón de Graos da FFT