A diáspora. De Rosalía ao século XXI

No marco das actividades organizadas na Facultade Educación e Traballo Social para celebrar o Día de Rosalía nace este pequeno mapa do mundo virtual.

Baixo o título A diáspora. De Rosalía ao século XXI. Unha constante no tempo varias persoas (en moitos casos ex-alumnos e ex-alumnas) len dende diferentes partes do mundo o manifesto do Día de Rosalía 2021.

Colaboran nesta iniciativa, por orde de aparición, a: Uxía Oña (Forth/Drg, Escocia), Mario Gradín (República Checa), Cristina Jarillot (Vitoria-Gasteiz, País Vasco), Emilia Parada Cabaleiro (Linz, Austria), Máximo F. Fraga Cimadevila (Vitoria-Gasteiz, País Vasco), César F. Sarmiento e Andrea Valado Díaz (Mataró, Cataluña), Mauro Rivas Ferreiro (Londres, Reino Unido), Patricia Fernández Martín (Madrid), Noelia González Carballo (Múnic, Alemaña), Carolina Borges Veloso (Colonia, Alemaña), Marília (Chaves, Portugal), Thayane Gaspar (Rio de Janeiro, Brasil), Daniela Gonçalves (Porto, Portugal), Marta Vila Comesaña (Lisboa, Portugal) e Daniel Barredo Vázquez (Lisboa, Portugal).

Preme en cada un dos puntos do mapa para ollar o vídeo!