Asistencia dos docentes e alumnos da Facultade de Ciencias da Educación (Ourense) ao Culturgal

Como xa é costume, un ano máis visitamos co alumnado da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense a Feira da lingua galega, o Culturgal. Nesta ocasión tamén nos sumamos varios docentes, tanto de galego, como de español e francés: Fernando Dacosta, Ana Iglesias, Isabel Mociño, Mar Fernández e Sara Vázquez. Alí puidemos poñernos ao día sobre todo o que se coce en lingua galega no noso país, tanto de literatura, como teatro, cine, música etc. Ademais, tamén puidemos asistir a algunha actuación musical e encontro de nenos e nenas con escritores e escritoras.