
O xoves día 30 de maio de 2019 ás 10 da mañá na Facultade de Filoloxía e Tradución (FFT) terá lugar unha nova edición do CERTAMEN ORATORIUM. Esta é xa a 4ª edición en que o alumnado tentará ensinar, conmover e convencer ós asistentes. Que autor clásico é preciso que lean os membros da política local?
A entrade é libre. Todas as persoas asistentes serán público e xurado e determinarán por votación cales son os mellores dos discursos presentados.
Animádevos a asistir a esta ilustre velada.