
Onte tivemos unha visita moi profesional na Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Ourense. A mestra Diana Delgado Estévez mais o mestre Santiago Gil Castro viñeron dende Nigrán para contarlle ao alumnado de 1° de Educación Infantil como levaron a cabo as actividades de léxico galego que as alumnas e alumnos elaboraron para un traballo da materia Comunicación: Lingua Galega.
Foi unha experiencia plenamente satisfactoria tanto para as profesoras que organizaron esta visita, Trini Pérez García e Reyes Rodríguez Rodríguez, como para o alumnado, que, ademais de recibir unha opinión profesional sobre as súas actividades, aproveitou para resolver dúbidas e curiosidades sobre a súa futura profesión.
