Curso da Galipedia no Campus de Ourense

Este ano volvemos ter connosco, no Campus de Ourense, a Adrián Estévez, editor da Galipedia, quen explicou ao noso alumnado de Educación Infantil e Primaria como publicar na wiki en galego. Deste xeito, esperamos contribuír á normalización da nosa lingua, ampliando a súa presenza na internet e animando os nosos alumnos e alumnas a vivir en galego a globalización.


Na imaxe, Adrián Estevez falando para o alumnado de Educación Infantil e Primaria durante a súa intervención