
No Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución e organizado polo Departamento de Filoloxía Galega e Latina e o grupo GAELT, desenvolveuse en Vigo a primeira homenaxe a Begoña Caamaño, tres semanas despois do seu falecemento. O acto presentouno a profesora Camiño Noia Campos e contou coa participación da escritora María Xosé Queizán, da xornalista no Parlamento Galego Amanda Álvarez, da actriz de dobraxe Maika Aguado, das escritoras Xulia Alonso e Rexina Vega, da cantante Uxía e das alumnas da facultade Estefanía González e Antía Monteagudo. Tras estas intervencións, proxectouse un vídeo con fotos e textos da escritora.
Todas as intervencións do acto poden ser visualizadas nesta ligazón da UVigo TV: