Francesco Benozzo, da Universidade de Bologna, é un poeta, músico, filólogo e intelectual italiano. Como filólogo, é director da revista Studi Celtici e un dos maiores defensores da Teoría da continuidade. Nesta conferencia, presentada polo noso colega Gonzalo Navaza, expón a Teoría da Continuidade Paleolítica e as súas consecuencias para a reinterpretación da prehistoria galega. A arqueoloxía, a paleolingüística e a xenética debuxan conxuntamente un novo paradigma da prehistoria lingüística de Europa que volve pór de actualidade o tema do celtismo da Gallaecia.