A Neoteca é o banco de datos sobre neoloxía do galego desenvolvido polo Seminario de Lingüística Informática (SLI) e o Observatorio de Neoloxía do Grupo TALG (Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega) da Universidade de Vigo como alicerce do seu dicionario de neoloxismos.
Contén máis de 10.000 rexistros neolóxicos identificados e documentados nun corpus de prensa galega publicada desde 1997. Cada rexistro inclúe información contextual, datación, fonte, categoría gramatical e procedemento de formación léxica.