Os xoves do Vindel: AVISO URXENTE

Por mor dunha causa de forza maior sobrevida, vémonos na obriga de adiar a conferencia de Xosé Xabier Ron Fernández “Martin Codax: o nome. A onomástica na lírica trobadoresca”, incluída no ciclo Os xoves do Vindel e prevista inicialmente para o vindeiro xoves día 2 de novembro, ata o mes de febreiro de 2018. En canto dispoñamos da confirmación da nova data farémola pública a través desta mesma páxina.

Desculpámonos polas molestias que poida ocasionar este cambio.

Atenderemos todas as consultas no enderezo electrónico comision_vindel@uvigo.es

O comité organizador

Compartir: Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Share on LinkedInEmail this to someone