A Asociación Trabalingua celebrou un acto de presentación dos gañadores do Quintal Literario. O Quintal literario é un concurso de microrrelatos cuxos gañadores e gañadoras son agasallados cun premio en metálico e a creación dunha postal inspirada no seu relato, grazas á colaboración do estudantado da Facultade de Belas Artes do Campus de Pontevedra.
A presentación realizouna o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato. O acto tivo un carácter multidisciplinar, pois acompañouse dunha conferencia-coloquio na que o antropólogo Manuel Mandianes e a escritora Carme Blanco ofreceron dúas perspectivas diferentes do fenómeno da creación literaria. Xunto a isto, un recital con música en directo e a lectura dos quintais gañadores.