O vindeiro martes 14 de decembro ás 10.00h proxéctase a película Dhogs (2017) na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación (Pontevedra). Ademais, contaremos coa participación de Andrés Goteira (director) e de Laura Doval e Suso López Paz (produción executiva) nun coloquio posterior. A actividade terá lugar no Plató de televisión da facultade (3º andar).
Animámosvos a achegarvos e gozar da primeira película deste director meirense, que triunfou nos Premios Mestre Mateo converténdose no filme que máis galardóns (13) obtivo na historia. O filme conta seis historias paralelas que xiran arredor de diferentes personaxes. Carlos Blanco, Antonio Durán “Morris”, Miguel de Lira, Melania Cruz, Iván Marcos e María Costas interpretan as personaxes protagonistas.
Esta actividade está organizada polo Departamento de Filoloxía Galega e Latina en colaboración coa Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.