
Co gallo da celebración do 25 de abril, aniversario da Revolución dos Cravos en Portugal, a Facultade de Filoloxía e Tradución acolleu a proxeción do documental Natal 71, dirixido por Margarida Cardoso en 1999. O responsable do Centro Cultural do Instituto Camões en Vigo, João Ribeirete, foi o encargado de comentar a cinta.
Paralelamente, podíase visitar unha exposición interactiva no pavillón central do propio centro sobre diferentes temas relacionados coa Revolución do Cravos, na que se recollen cartaces políticos orixinais, poemas e unha cronoloxía e historia dos acontecementos.
Unha descrición xunto con abundantes imaxes da exposición está disponíbel no blog ESTUDOS LUSÓFONOS.