Un lustro de Cumieira

Cumieira, a revista impulsada polo Departamento de Filoloxía galega e latina, botaba a andar no 2016. Dende entón achega anualmente traballos académicos dos investigadores e das investigadoras máis novas no ámbito da Filoloxía Galega.

Neste percorrido ininterrompido cómpre destacar o traballo do seu editor, Xosé Antonio Fernández Salgado. Tampouco sería posible sen a colaboración de tantas autoras e autores, boa parte deles antigos estudantes da Universidade de Vigo.

As páxinas de Cumieira ofrécenos unha gran variedade de estudos tanto no eido da lingüística como da literatura galegas. No último número atopamos o estudo de Manuel Navieira sobre o simbolismo na obra rosaliana ou a análise contrastriva de Nerea Torres Abilleira de Memorias de un niño campesino. Neste volume tamén contríbúen cos seus traballos de lingüística Ana Fernández Berrocal, Alejandro Solla e Patricia Cid Blanco.

É posible acceder á versión dixital de todos os cadernos aquí. Cun lustro de vida, Cumieira vai camiño de consolidarse como unha referencia nos estudos de filoloxía galega.

Xosé A. Salgado, editor de Cumieira.

[Imaxes tomadas do DUVI]